AVISO IMPORTANTE: A Xunta de Galicia reforza desde o luns 10 de xaneiro as conexións de autobús entre A Coruña e Ferrol por autoestrada

Mar, 04/01/2022

A Xunta de Galicia reforza desde o luns 10 de xaneiro as conexións de autobús entre A Coruña e Ferrol, activando 55 servizos directos máis á semana:

  • A reestruturación potencia os servizos directos con 11 expedicións máis por autoestrada cada día de luns a venres, 8 delas nas franxas horarias de primeira hora da mañá e da tarde.
  • O incremento da oferta permitirá aos usuarios dispoñer de autobuses directos con frecuencias de 30 minutos.
  • Todo co obxectivo de que os servizos se axustan as demandas das persoas usuarias e den resposta as enquisas realizadas ao longo do ano.
  • Xa se pode consultar a información da concesionaria sobre os novos horarios no enlace: http://www.monbus.es/gl/novas/367/actualizacion-dos-servizos-da-xg871, e dende o día 10 estarán dispoñibles no buscador de bus.gal