Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20636

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 23 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a realizar de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento AU301D).

O 7.9.2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 23 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento AU301D).

O 20.1.2023 a Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou resolución de concesión das subvencións das solicitudes para as que había crédito suficiente.

O 21.2.2023 a Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, resolveu ampliar o crédito da Resolución do 23 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento AU301D).

O 23.2.2022 a Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou resolución de concesión das subvencións para as solicitudes que inicialmente quedaron en lista de agarda por falta de crédito.

Segundo o recollido na citada Resolución do 23 de agosto de 2022, debe publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Augas de Galicia a relación das subvencións concedidas.

As subvencións fináncianse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

De conformidade co previsto no artigo 13 da Resolución do 23 de agosto de 2022 xa citada,

RESOLVO:

Facer pública no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial de Augas de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das subvencións concedidas.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional primeira da Resolución do 23.8.2022;
DOG núm. 170, do 7 de setembro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle de axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 23 de agosto de 2022 (código de procedemento AU301D)

Concello

NIF

Importe da subvención

Concello de Cabana de Bergantiños

P1501400D

11.999,97 €

Concello de Arbo

P3600100F

14.519,46 €

Concello de Boborás

P3201400C

14.519,49 €

Concello da Veiga

P3208400F

14.519,46 €

Concello de Meaño

P3602700A

14.519,49 €

Concello do Rosal

P3604800G

14.519,46 €

Concello de Barreiros

P2700500H

11.920,00 €

Concello de Bande

P3200700G

14.423,20 €

Concello de Baiona

P3600300B

14.519,46 €

Concello de Bóveda

P2700800B

11.616,00 €

Concello da Pontenova

P2704800H

14.519,46 €

Concello de Vimianzo

P1509300H

14.339,00 €

Concello de Sober

P2705900E

14.326,40 €

Concello do Grove

P3602200B

14.978,97 €

Concello de Porto do Son

P1507200B

11.999,96 €

Concello de Cortegada

P3202800C

14.423,20 €

Concello de Muros

P1505400J

12.438,80 €

Concello de Muxía

P1505300B

11.999,68 €

Concello de Marín

P3602600C

14.519,46 €

Concello de Mondariz Balneario

P3603100C

11.954,80 €

Concello de Xunqueira de Espadanedo

P3203800B

11.960,00 €

Concello de Folgoso do Courel

P2701700C

11.616,00 €

Concello de San Amaro

P3207500D

14.519,49 €

Concello de Leiro

P3204100F

11.954,80 €

Concello de Alfoz

P2700200E

14.055,36 €

Concello de Nogueira de Ramuín

P3205300A

14.471,60 €

Concello de Rodeiro

P3604700I

14.423,20 €

Concello de Pantón

P2704100C

14.326,40 €

Concello de Oia

P3603600B

11.712,80 €

Concello do Saviñao

P2705800G

14.326,40 €

Concello de Valga

P3605600J

14.423,20 €

Concello de Gondomar

P3602100D

14.519,46 €

Concello de Vilagarcía de Arousa

P3606000B

14.519,49 €

Concello de Cambre

P1501700G

15.000,00 €

Concello de Ribeira

P1507400H

11.600,00 €

Concello das Somozas

P1508200A

15.000,00 €

Concello de Ordes

P1506000G

15.000,00 €

Concello de Becerreá

P2700600F

13.143,12 €

Concello de Cee

P1502300E

15.000,00 €

Concello de Santa Comba

P1507800I

15.000,00 €

Concello da Guarda

P3602300J

15.000,00 €

Concello de Tomiño

P3605400E

14.423,20 €

Concello de Cerdido

P1502500J

9.985,40 €

Concello de Moeche

P1505000H

5.795,90 €

Concello de Aranga

P1500300G

11.773,78 €

Concello de Quiroga

P2705000D

11.920,00 €

Concello de Narón

P1505500G

14.505,48 €

Concello de San Sadurniño

P1507700A

5.397,09 €

Concello de Portas

P3604000D

12.798,15 €

Concello de Redondela

P3604500C

15.000,00 €